Top

Son un cateto

Ola, boas tardes. Eu son un cateto. Non, non empecen a preocuparse por min, non teño a autoestima baixa nin nada diso, son un lado dos pequenos dun triángulo rectángulo. Antes eu só era un segmento, media unha única unidade e sigo medindo o mesmo, non che son moi grande. Despois uninme a unha recta (ser, era un segmento coma min, pero tiña máis aires de grandeza), a “recta” e máis eu formábamos un ángulo de 30º, como era máis longa ca min menosprezábame e dou en chamarme “Cateto menor”. A nosa relación nos ía afastando e chegamos a formar un ángulo de 40º. O plan da “recta” era que cando chegásemos aos 90º buscásemos un segmento de e formásemos un triángulo con el, dicía que entón ela se chamaría Cateto maior. A min paréceme que está tola, que é iso de raíz de cinco?, dous ao cuadrado é catro, tres ao cuadrado é nove, quen demo ao cuadrado é cinco?
Pouco tempo despois coñecín a un pequeno segmento que era antes o tercio central dun triángulo equilátero, disque o arrebatara do seu triángulo un tal Koch. Medía exactamente o mesmo ca min e convencino para que formase un triángulo con nós, agora somos un fermoso triángulo rectángulo, exactamente medio cuadrado. A miña pouco amiga “recta” chámase agora Hipotenusa, non atende moito a razóns, pero a ninguén lle extraña porque disque é irracional.
Puxemos por fin remate ás nosas disputas de tamaño. O meu amigo Cateto e máis eu demostramos a Hipotenusa que xuntos éramos máis grandes ca ela, pero que a concordia podía reinar entre nós se observábamos que 12 + 12 = . O teorema de Pitágoras permitiu que vivísemos en paz.