Top

Gonzalo dixo…

Boas tardes a todos. Eu son xa veterano nesto dos monólogos da feira matemática, na última edición gañei versionando un villancico de David Guapo. Agora xa estou en 4º de ESO e preparei este monólogo o último día do prazo cando me din conta de que volvía o Mateblog, a miña primeira idea foi aproveitar a trigonometría e falar da turxencia dos senos e cousas polo estilo, máis recordei a Gonzalo dicindo que non son horas e hai cativos. Collamos pola tanxente e cambiemos de tema.

Os catetos dos triángulos tamén dan xogo, pero acaba de usalos meu irmán, sí, sí, ese retaco de antes era meu irmán, leva vindo á feira desde os dous anos, e nin sequera lle gustan as mates!

Coa álxebra non hai quen ligue un chiste, como moito contarvos que Ruffini en 1799 fixo a súa “Teoria Generale delle Equazioni, in cui si dimostra impossibile la soluzione algebraica delle equazioni generali di grado superiore al quarto” o cal non ten ningunha graza salvo o meu pésimo italiano. As parábolas do cole non son do bo samaritano, do fillo pródigo nin nada especialmente emocionante, sonche curvas que describen os cometas; eu de neno tiña unha cometa e nunca tal cousa fixo.

Función afín, función de proporcionalidade, rectas no plano, regla de tres, factor de conversión, directamente proporcional… os profes que estades por aquí… credes que por cambiarlle o nome non vemos que dades todolos anos o mesmo?

Vamos coa xeometría, unha poligonera non é unha señora que fai polígonos, perdón Gonzalo dixo… Máis queixas, aos que imos para 1º non nos ensinades a integrar, facédelo cos de 2º que xa están integrados. Sen embargo a nós ensinádesnos a derivar cando é a eles aos que tedes que derivar á Universidade.

Estatística para rematar: Os frikis din que a mediana é a muller de Frodo, unha media na cabeza vouna ter que poñer para sair daquí e a moda é non ligar cos rapaces que sabemos mates. A desviación típica dos presentadores de Tele 5… perdón Gonzalo dixo…