A Feira Matemática e unha xornada organizada por AGAPEMA, pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e ao público en xeral.
Cada centro ou entidade participante disporá dun “stand” para mostrar experiencias de aula, xogos, exposicións, puzzles e todo tipo de actividades relacionadas coas matemáticas.
Ademais haberá outras actividades:
- EXPOSICIÓNS.
- CONCURSOS.
- SUDOKUS.
- CUBO DE RUBIK.
- FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA.
- BINGO MATEMÁTICO.
Cada visitante poderá solicitar, por actividades realizadas, AGAPEMOS (¡a moeda da feira matemática!) e que permitirá adquirir libros, regalos, xogos…
Rexístrate na nosa web para participar na vindeira FERIA MATEMÁTICA