Top

Bases do concurso

Queres ver algúns exemplos de Esopías? Preme AQUÍ
VAI E FURA O MIOLO ILIMITADO!
Pi, Número Grial,
Que amigo benamado
Saberache atrapar.
Lembrarei por ti,
Que semellas novo,
Cifras do número tolo
Que sen cancelas ten pi.
Pitágoras, inimigo alleo,
Anoxábanos de pequenos.
¡Teoremas fóra!
¡A esquecelo!
Repasa e contas cincuenta ben,
Contounas Galiñanes
Que medidor vello é.

(Hai que roelo. Autor: Emilio R. Galiñanes)

Sol y luna a veces consiguen, al pasear entre las nubes,
alborear, palidecer nuestra eclipsada tez.
En tal tesitura, ¡Huye!
 
Ven o vete, o mejor, determina si merece vivir así.
Lucha, quiérete, afróntalo. ¡Querida, Escúchame! ¡Sal de
ese patético coma!
 
Rió y dijo: «Y nadie escribirá un relato mejor con estos
malditos decimales, números infinitos que no nos incumben nada».
 
Soy y seré a todos definible
mi nombre tengo que daros
cociente diametral siempre inmedible
soy de los redondos aros
 
Con 1 hilo y 5 mariposas
se pueden hacer mil cosas.
 
Ala y pico y gabán,
Pajarillo de tartán.
Bajel del canto.
Verderol.
Campanita tintada;
Enjaulada luz de sol.
Avecilla hada:
¡lílame la mirada!
Sola voy.

(Autora: Rosario Corral Barca)

Eis o lobo a ollar fixamente na fráxil noite
coa pouta esquerda sanguenta,
pousada maxestosa sen ás nin levidade,
mais brillo de beleza mora nel.

(Autora: María Xosé Sánchez)

×
 

logo_esopia

 

 

 

 

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña en colaboración coa Fundación Barrié, convoca para estudantes e adultos o IV Concurso de Esopías que se rexerá polas seguintes:

 

 

BASES

1. Poderá participar calquera persoa dentro das categorías que se sinalan na base terceira.

2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

A esopía terá un mínimo de cinco palabras.

3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:

  • Alumnos de Primaria e primeiro ciclo da ESO.
  • Alumnos de segundo ciclo da ESO e bacharelato.
  • Adultos, maiores de 18 anos

4. A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial  á obra máis votada na web polos usuarios.

Os premios consistirán en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.

5. Os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 esopías, pero só terán opción a un premio.

Os premios poderán ser declarados desertos.

6. O prazo de entrega remata o 31 de marzo de 2017. A votación das obras na web pecharase o día 7 de abril de 2017.

7. As esopías deberán enviarse utilizando o formulario desta web (preme AQUÍ) e ir acompañadas de todos os datos que se solicitan.

  • Nome completo.
  • NIF.
  • Categoría na que participa.
  • Enderezo electrónico e teléfono.
  • Centro ao que pertence e estudos que realiza, se é o caso.
  • Declaración xurada da autoría da esopía.

8. O xurado será designado por AGAPEMA.

9. A data de entrega dos premios será o 22 de abril de 2017,  durante a celebración da XI Feira Matemática 2017 (PALEXCO). O resultado do concurso  será publicado na páxina web da Feira Matemática (feira.agapema.org) e tamén nesta web.

10. AGAPEMA resérvase a propiedade, durante dous anos, das esopías premiadas, así como dos dereitos de publicación nos medios que considere oportunos. Neste senso o autor renuncia, durante este período de tempo aos seus dereitos de autor.

11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.